A curto prazo:
- Crear unha banda de música de alto nivel.
- Interpretar repertorio novidoso, vanguardista e esixente, escrito orixinalmente para banda de música.
- Brindar a oportunidade aos músicos formados na contorna de Vigo e no resto da comunidade de traballar con directores/as e solistas de recoñecido prestixio.
- Dar ao público a oportunidade de coñecer novo repertorio bandístico.
A longo prazo:
- Converter a BFV nun referente nacional de calidade e bo facer.
- Promover a impartición de cursos e sesións formativas a cargo dos directores/as e solistas convidados/as pola BFV.
- Participar do entramado formativo musical da cidade colaborando con conservatorios, escolas de música e outras institucións.
- Fomentar a creación de música para banda mediante encargos aos compositores/as máis relevantes do panorama bandístico nacional.
