“New Dawn” é unha obertura inspirada nun novo amencer onde poidamos deixar atrás uns años escuros e inestables nos que a humanidade viuse exposta a unha infinidade de cambios turbulentos que nos puxeron a proba cada día.
Con esta obertura gustaríame lanzar unha mensaxe positiva de luz e esperanza, onde o son da música reine sobre o son do pranto e a desesperación. Unha música efervescente, chea de ritmo e cor, construída a través dun sinxelo tema con certa tinguidura infantil, que evoluciona nun continuo crescendo ata o final.
Durante o transcurso da obertura, deixaranse ver un par de chiscadelas á Sinfonía Nº 5 en mi menor de Tchaikovsky, as cales deixan na lembranza a figura do mestre Odón Alonso, quen rematou a súa etapa como director do “Festival Otoño Musical Soriano” interpretando dita sinfonía á cal le gardaba un especial cariño.
Cada día ofrecenos un novo amencer, e cada amencer é unha nova oportunidade de seguir desfrutando do agasallo da vida.
