Nace o 30 de abril de 1971 en Muro (Alicante) onde inicia os seus estudos musicais co bombardino e o piano na Unión Musical de Muro, sendo seus mestres Salvador Martínez e Mª Angeles Palacios. Máis tarde continúa os seus estudos profesionais no Conservatorio Municipal de Alcoi e no Conservatorio Superior de Valencia. É alumno de Dirección de Banda do mestre holandés Jan COBER («Brabants Conservatorium» de Tilburg) e do director norteamericano Eugene CORPORON (University of North Texas). Estudou Dirección de Orquestra en Viena cos mestres Karl ÖSTERREICHER, Yuji YUHASA e Hans Graf. Ampliou coñecementos de Dirección en diversos cursos con mestres como James Croft, José Collado, Gerardo Pérez Busquier, Norman Milanés ou George Pehlivanian. Realiza estudos de harmonía e composición con Rafael Alcaraz e Javier Darias.
Asistiu a Cursos de Pedagoxía Musical cos mestres Diego Ramón Lluch, Ana Lucía Frega e Maravillas Díaz na Escola Comarcal de Música de la Vall d’Albaida.
Traballou como director titular de diversas bandas de Alicante (Castell de Castells y Muro) e de Valencia (U.M. de Yátova), destacando a súa actividade no grupo de Música Tradicional «La Xafigà» (1988-1996), a Banda da Associació Unió Musical de Bocairent (1994-1998), na Banda da Agrupació Artístico-Musical «El Trabajo» de Xixona (1995-2002), na Banda da Societat Unió Musical de Muro (2002-2007) e na Banda da Societat Musical «La Nova» de Xàtiva (2007-2009). De 2001 a 2014 foi principal director da Orquestra Sinfónica de Albacete. Foi director convidado da Banda Nacional de Cuba, Bandas dos Conservatorios de Tilburg e Groningen (Países Baixos), Municipais de Alicante, Barcelona, Bilbao, Castellón, A Coruña, Madrid, Palma de Mallorca, Pontevedra, Sta. Cruz de Tenerife, Santander, Santiago de Compostela, Valencia e Vitoria, Banda Municipal de Matanzas (Cuba), Banda Municipal de Buenos Aires (Argentina), Banda da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Bos Aires, Banda Sinfónica de Montevideo, Banda Nacional Xuvenil de Colombia, Banda da Mariña Real Holandesa de Rotterdam, Banda do Conservatorio Superior de Maastricht, Banda do Conservatorio Superior de Canarias, Banda e Orquestra do C.S. do Principado de Asturias, Banda do MUSIKENE, Banda do Conservatorio Superior de Jaén, Banda do Conservatorio Superior de Granada, Banda Sinfónica de Sta. Maria da Feira (Portugal), Banda Sinfónica de Bairrada (Portugal), Banda Sinfónica Portuguesa de Oporto, Jungend Blassorchester de Baviera, AULOS Wind Band de Suiza, Civica Filarmonica di Lugano, Orchestra a Fiatti de la Svizera Italiana, Banda das Forzas Armadas de Eslovenia, Banda Sinfónica do Festival Turina de Sevilla, Banda do Conservatorio Profesional de Albacete, Banda do Conservatorio de Tortosa, Banda do Conservatorio de Torrelavega, Banda do Conservatorio de Calahorra, Banda do Conservatorio de Pontevedra, Banda e Orquestra do Conservatorio de Almansa, Banda da Federación de Sociedades Musicais da Federación Valenciana (titular tempada 2002), Banda da Federación Murciana de Bandas, Banda da Federación Navarra de Bandas, Banda da Diputación de Tarragona, Orquestra Sinfónica de Matanzas, Orquestra Sinfónica de Bucarest (Rumanía), Orquestra de Cámara «Manuel de Falla» de Cádiz, Coro da Universidade de Cádiz, Orquestra Sinfónica de Albacete, Orquestra Sinfónica de Castellón, Orquestra Sinfónica de Murcia, Orquestra Sinfónica UCAM de Murcia, Orquestra Sinfónica do Vallés, Orquestra Sinfónica de Castilla y León, Orquestra Filharmónica das Palmas de Gran Canaria, Orquestra Sinfónica de Bilbao BOS, Orquestra CAMERA MUSICAE de Tarragona (principal director convidado 2010-2013), Orfeón Donostiarra, Sociedade Coral de Bilbao, Kantika Korala, Coro Discantus de Murcia, ….así como con diversas agrupacións bandísticas da Comunidade Valenciana, Galicia, Canarias, Castela A Mancha, Murcia, Cataluña,…
Ten colaborado como director con solistas de recoñecido prestixio como Paquito de Rivera, Sergei Nakariakov, Jorgen van Rijen, Ben van Dijk, Spanish Brass, Ximo Vicedo, Lito Fontana, Luis González, Pacho Flores, Manuel Blanco, Rubén Simeó, Albert Guinovart, Pedro Valero, Yulia Nefiodova, Pablo Suárez, Asier Polo, Josep Trescolí, Luisa Pereira, Ashan Pillai, Joana Guillen, Claudi Arimany, José Franch-Ballester, Nuno Pinto, Albert Guinovart, Vicente Alberola, Juan Ferrer, Conrado Moya, Claudi Arimany, Pacho Varoch,… Así mesmo, en produccións líricas traballando con cantantes como Elisabete Matos, Ana Mª Sánchez, Estrella Morente, Amparo Navarro, María Ribera, Estefanía Perdomo, Cristina Sánchez, Ruth Rosique, Carmen Solís, Olatz Saitua, Ulrike Haller, Marta Ubieta, Miren Urbieta, Marifé Nogales, Miren de Miguel, Carlos Mena, Andeka Gorrotxategui, Andrés del Pino, Alberto Arrabal, Javier Agulló, Fernando Latorre, Jospe Doménech, Toni Marsol, Mikeldi Atxalandabaso, Beñat Egiarte o Elisabete Matos.
É compositor de diversas obras para banda e conxunto instrumental, aparecendo algúns dos seus traballos na Editorial Piles, Editorial Tot per l’Aire, Ediciones GTE, Editorial Omnes Bands de Valencia e na sua propia editorial Pascual-Vilaplana Music. Participa habitualmente como xurado de diferentes concursos de composición para Banda (Altea, Bocairent, Benidorm, Callosa, Calpe, Elda, Pego, Dènia, Algemessí, Sant Vicent del Raspeig…). Foi designado Xurado Internacional do Certame Nacional de Bandas de Suiza celebrado na cidade de Montreux en 2001, do Concurso de Dirección de Pordenone (Italia, 2006), do Concurso de Bandas da Suiza Italiana en Lugano (2009), do Concurso Internacional de Dirección del WMC de Kerkrade (2010), do Concurso de Dirección de La Toscana (Italia, 2010), do Certamen Nacional de Bandas de Colombia na ciudade de Paipa, (2010), do Certamen Internacional “Flicorno d’Oro” de Riva del Garda (Italia, 2014), así como xurado dos concursos Provinciais de Bandas de Alicante (2001) e Castellón (2002) e do Certame de Bandas de La Senia (2006). Escribiu obras por encargo para grupos como Spanish Brass Luur Metalls, 2i2 Quartet, Ximo Vicedo, Luis González, Juan C. Matamoros, Francisco González Azorín, Juanjo Munera, David Abellán ou Juan Manuel Gómez . En 2006 estrea o seu musical Balansiyyà con letras de Carlos Veiga, actuando en Valencia, Torrevieja, Madrid e Rabat (Marruecos).
Foi compositor residente de diversos festivais como Certame de Bandas de Elda (1999), Certamen Coral “Fira Tots Sants” de Cocentaina (2013), SBALZ (Alzira, 2015), Tubala Brass Week (Tafalla, 2018) ou Certamen Internacional de Bandas de Altea (2018).
É director de máis de trinta CD’s para selos discográficos como RTVE, Floc, Audioart, Molenaar, De Haske ou L’Auditori Digital.
Dende Xaneiro de 2015 é o director titular e artístico da Banda Municipal de Música de Bilbao. Comparte titularidade coa Banda Municipal de Barcelona dende 2018. Así mesmo é director fundador da Orquestra de Vents Filharmonía e principal director convidado da Banda Sinfónica Portuguesa de Oporto. Foi director artístico e profesor dos Cursos de Perfeccionamiento Musical do Istituto Musicale Guido Alberto Fano de Spilimbergo (Italia) dende 2007 a 2018. Dende 1995 é mestre na Escola Comarcal de Música de la Vall d’Albaida, de 1999 a 2004 na Academia «Allegro» de Valencia e de 2002 a 2007 no l’E.C.M. do Comtat. Impartiu diversos cursos de dirección en Alemaña, Países Baixos, Suiza (Conservatorio de Fribourg), Italia, Francia, Portugal, Arxentina e Colombia. É socio de la SGAE, membro fundador da Asociación de Compositores ACMMIC (Associació de Compositors de Música de Moros i Cristians) e de COSICOVA (Asociación de Compositores Sinfónicos Valencianos).
En 1991 foi galardonado coa «Batuta del Mtro. Guillermo Tomás» da Banda Nacional de Cuba en La Habana. En 1997 gañou o Primeiro Premio «Batuta de Oro» do «8th International Conductor’s Competition» do WMC de Kerkrade (Holanda). En abril de 2000 obtén o Primeiro Premio «Baton of Honour» do «1st. European Conductors’ Competition» organizado pola EBBA (European Brass Band Association) e celebrado no Symphony Hall da cidade inglesa de Birmingham, polo cal foi nomeado como «European Conductor Champion 2000». En octubre do mesmo ano é o único español seleccioado para dirixir ópera no «VI Concorso per a Giovanni Directore d’Orchestra de la Comunità Europea» organizado pola Fundación Franco Capuana de Roma, a Academia Chigiana de Siena e o Teatro Lirico Sperimentale de Spoleto (Italia). En 2004 recibe o Premio Euterpe da Federación de Sociedades Musicales de la Comunidad Valenciana en dúas categorías: Dirección de Banda e Composición de Música para Festa. En 2010 recibe o Premio Nacional de Música «Ignacio Morales Nieva» do Festival de Música de Castilla «La Mancha». En 2012 recibe o Premio ao Mellor Espectáculo Musical de Castela a Mancha xunto á Orquestra Sinfónica de Albacete. En 2020 recibe o Premio MAITENA da Sociedade Coral de Bilbao á súa traxectoria musical.
