Jenaro Melguizo

Jenaro Melguizo” é un Pasodobre de Concerto para Banda Sinfónica adicado ao mozo oboísta ao cal cita o título.

Compoñer un Pasodobre adicado a alguén é sempre algo moi especial, pero neste caso, compoñer un Pasodobre para alguén que xa non se atopa entre nós, require dun extra de cariño e aprecio, e por suposto un extra de emoción que faga chegar á música ata máis alá do firmamento.

Este Pasodobre posúe certas tinguiduras de fantasía, rompendo en momentos cos esquemas tradicionais da forma Pasodobre, pero por suposto, mantendo a esencia deste xénero durante case todo el transcurso da obra.

Durante todo el discurso musical imos a ir viaxando por diferentes tonalidades maiores e menores, tratando de evitar un discurso estático e penetrando nunha música moi colorida, harmónica e ritmicamente falando.

O Pasodobre comeza cunha breve introdución moi rítmica e fresca onde os metais inician o discurso musical, dando paso posteriormente á sección das madeiras, as cales rematan esta introdución con un final de tinguiduras arabescas.

Trala introdución, unha pequena ponte en ton menor condúcenos ao primeiro tema do Pasodobre; un tema enérxico presentado polos metais y arroupado por un ostinato rítmico principalmente de madeiras e percusión.

Tras escoitar por completo este primeiro tema de carácter marcato, unha grande explosión condúcenos á reexposición deste tema, esta vez con carácter moito máis grandioso e cantábile onde grande parte da banda colle xa o protagonismo do momento.

A continuación unha pequena ponte inesperada e con carácter gracioso, condúceno cara o clímax desta primeira parte do Pasodobre, presentando o segundo tema, moito máis festivo e rítmico.

Trala explosión de cor e ritmo, unha nova sección inesperada toma o protagonismo da obra; unha sección que bebe do flamenco e ábrese paso coa presenza do caixón flamenco e palmas. Toda esta sección vainos a servir e a facer a función desta ponte cara o trío da obra.

O trío preséntase cunha melodía suxerinte e amable, moi tranquila e cantábile, collendo o protagonismo o óboe na súa repetición, o instrumento principal do protagonista da obra “Jenaro Melguizo”. Un solo elegante, doce e engaiolante conduciranos ata a seguinte sección da obra, unha gran ponte que retoma o carácter vivo e enérxico do inicio.

Nesta ponte, cabería destacar a presenza das campás tubulares e os diálogos contrapuntísticos dos metais que pouco a pouco vannos elevando ata o gran final do Pasodobre onde de novo volvemos a escoitar a melodía do trío pero esta vez de xeito grandioso y moi colorido; unha explosión de emoción que desembocará na Coda final, unha final que volve a ofrecer unha chiscadela ao flamenco e que servirá de gran final para este Pasodobre que con tanto cariño compuxen para Jenaro Melguizo e que estou seguro que alá onde estea, faralle esbozar un sorriso de ledicia y agradecemento por tan inmenso agasallo, o mellor agasallo: MÚSICA.