Leonard BERNSTEIN (Lawrence, 1907 – New York, 1992) Arr. J. Krance
Danzón de FANCY FREE (1944)
Leonard BERNSTEIN Arr. P. Lavender
SYMPHONIC DANCES FROM “WEST SIDE STORY” (1957)
Prologue, Somewhere, Scherzo, Mambo, Cha-Cha, Meeting Scene, Cool, Rumble, Finale
Victoriano VALENCIA (Montería, Colombia, 1970)
FANDANGUERÍA (2007)
Miguel ASINS ARBÓ (Barcelona, 1916 – Madrid, 1996)
BALLETS (1991)
- Ballet de Alfonso XIII
- Ballet del Animalot
- Ballet del Pardalero
- Ballet del Sereno
A danza é unha das manifestacións máis evidentes da natureza expresiva. A música fusiónase co movemento do corpo nunha dimensión espacio-temporal onde a beleza nace e se difumina de forma constante. No programa do noso primeiro encontro ofrecemos músicas que beben da danza como elemento xerador dos seus pentagramas.
Comezamos o concerto con dúas adaptacións para banda do xenial músico norteamericano Leonard Bernstein (1907-1992). Poucas figuras como él destacan en ámbitos tan diversos como a dirección, a composición e a pedagoxía. O universo ecléctico de Bernstein configura a sua música como un exemplo da artesanía ao servicio da arte e da sociedade. Na década dos 40, Bernstein comezaba a súa relación artística co coreógrafo neoyorkino Jerome Robbins (1918-1998) ca creación do ballet Fancy Free, encargo do American Ballet Theatre. O Danzón no medio das rúas de New York, cos tres mariñeiros protagonistas do ballet, configura unha das páxinas máis célebres desta obra que se convirtiu en musical baixo o título de On the town. A versión para banda que interpretamos foi elaborada en 1963 polo compositor e arranxista americano John Krance (1934-1989), quen fora arranxista principal da US Marine Band de Washington.
Tamén acompañado de Robbins, Bernstein crea en 1957 unha das páxinas musicais consideradas como o xermen do teatro musical americano. West Side Story recolle unha peculiar versión do Romeo e Xulieta shakesperiano, na cal os Capuletos e Montescos convírtense en Jets e Sharks, dúas bandas rivais dun New York enmarcado nunha cruzada de culturas. Tony e Maria viven unha historia de amor na metade dunha realidade social moi peculiar. Músicas latinas, jazz, linguaxe operístico ou sinfónico, conflúen nunha das páxinas míticas da composición do século XX que soubo fusionar os elementos das tradicións escénicas musicais europeas coas americanas, nunha forma de arte orixinal que non é nin ópera nin comedia musical. A danza, como elemento fundamental da obra, reivindícase nesta suite sinfónica, que inclúe diversos episodios da obra e que evidencian un autor cunha inmensa imaxinación e unha gran intelixencia creativa.
Co Plan Nacional de Música para la Convivencia, Colombia é un exemplo para o mundo de cómo a tradición bandística pode ser unha vía de desenvolvemento educativo e social. Mostra delo sería a Fandanguería (2010) do prestixioso compositor colombiano Victoriano Valencia Rincón (1970), un dos maiores artífices na fusión da música tradicional colombiana e das linguaxes máis actuais. A obra evoca a ritmo de fandango festeiro a famosa melodía Tres Clarinetes de Pablito Flórez (1926-2011), dándolle un orixinal tratamento contrapuntístico que nos trae aires de renovación baseados na tradición máis auténtica.
Miguel Asins Arbó (Barcelona, 1916 – València, 1996) é un dos músicos máis versátiles e renovadores da sua xeración. Compositor, director, musicólogo e docente, a sua actividade abarca dende a creación de partituras para cine, televisión, música sinfónica, música coral ou a música camerística. En 1990 escribía Ballets, unha suite sinfónica para banda baseada en temas populares valencianos que él mesmo recolleu no libro «Cancionero Popular de la Valencia de los Años 20» (Ed. José Huguet, 1987). No prólogo do mesmo, firmado polo seu gran amigo Luis García Berlanga, podemos ler: “…alguien a quien debo momentos emocionantes de mis obras, alguien a quien quiero, admito y envidio, el maestro Asins Arbó, ha logrado concretar una gran parte de mi adolescencia ya casi desvanecida. Como la magdalena proustiana su “Cancionero Popular de la Valencia de los años 20” me ha hecho retornar a esos tiempos donde la ingenuidad de uno le hacía interpretar ese entorno del que hablamos como un símbolo de plenitud gozosa que creíamos iba a ser la vida…”. Os catro movementos da obra recollen outras tantas melodías populares arranxadas a ritmo de bailable. O Ballet de Alfonso XIII é unha mazurca elaborada a partir dunha canción popular que se escoitou en Valencia en 1905 con motivo da visita á cidade do monarca. O Ballet de l’Animalot preséntase como unha habanera construida co material melódico dunha canción infantil e humorística. O terceiro movemento, Ballet del Pardalero, a ritmo de Fox-trot, traenos reminiscencias dunha melodía sobre un vendedor ambulante de paxaros de barro. Para rematar, e como unha gran marcha final exultante e optimista, o Ballet del Sereno, está baseado nunha canción popular sobre os vixiantes da noite incluindo varias versións da melodía que se presentan en forma de canción de berce.
Os ventos e a percusión da banda invítannos á danza, á expresión xenuina daquelo que se coñece como emoción.
José R. Pascual-Vilaplana