Alí y Cántara


A ORIXE DA LENDA

Fai séculos, na cidade onde hoxe se levanta Alicante, moraba un Califa xunto coa súa familia. De tódolos seus fillos, era famosa pola súa beleza a preciosa princesa Cántara. Era unha muller que superaba o ideal de beleza daquela época: ollos grandes e negros, cabelo longo de cor acibeche, pel moi clara pero meixelas ruborizadas, dentes brancos e perfectos, cara redonda, boca pequena, grandes senos, dedos finos… Era a moza máis fermosa de toda a zona e, por suposto, non lle faltaban pretendentes. E é nesta loita entre pretendentes onde se orixina o nome de Alicante.

Concretamente, foron dous mozos os que se disputaron o seu amor: Almanzor e Alí. Os dous eran moi amables e apostos e Cántara non sabía a cal dos dous escoller como esposo. Pero o Califa, o seu pai, tivo unha idea e evocando as doce probas de Hércules, pediulle a os pretendentes que realizaran cada un unha ardua tarefa. O trato consistía en que o primeiro que puidera terminala, sería elixido como o pretendente da princesa musulmá.

Almanzor era un xeneral que chegara dende Córdoba e ganara fama en toda a península polas súas xestas militares. Aínda que Alí non era tan famoso, era aposto e viña dunha familia nobre, polo que tamén estaba á altura de pretender á princesa.

A tarefa que tivo que realizar Almanzor foi a de marchar ata a India na procura de sedas e especias para ofrecer á princesa. Pola súa parte, Alí comprometeuse a realizar unha gabia da cal se obtería a auga que para abastecer a cidade. E que, sen dúbida, Alí o que buscaba era permanecer preto de Cántara para poder conquistala. E iso foi exactamente lo que ocorreu…

Alí comezou con entusiasmo o seu propósito e empezaron las tarefas de realización da gabia, pero ao estar preto da princesa fixo que fora imposible non pretendela. Cantáballe a todas horas, escribíalle e recitáballe poemas, a todos lle falaba das súas lindezas… Como non podía ser doutra maneira, Cántara quedou perdidamente namorada del. E, sen que as tarefas dos mozos pretendentes quedaran terminadas, o corazón da princesa tiña claro que quería casar con Alí.

Pero o tempo foi pasando e Almanzor, alleo ao amor que xurdira entre Alí e Cántara durante a súa viaxe á India, voltou á cidade, e con el, o seu propósito terminado. Como o Califa era un home xusto, ao entender que la xesta de Almanzor tiña rematado con éxito e antes de que o fixera Alí, entregoulle a man da súa filla Cántara tal e como prometera, sen saber que a princesa xa tilla escollido pretendente. Cando Alí se decatou, non puido soportar a dor e rematou lanzándose por un barranco.

Por suposto cando Cántara se enterou desta desgracia, tamén decidiu saltar ao valeiro para rematar co seu sufrimento. Pero a traxedia non termina coa morte dos dous amantes, senón que o Califa caeu nunha terrible depresión por ter perdido a súa filla predilecta. Deixou de comer, no durmía y finalmente decidiu lanzarse dende o alto do seu castelo.

Os habitantes quedaron consternados polo acontecido e decidiron cambiarlle o nome a cidade polo de “Alcántara”, para que o nome dos amantes, Alí e Cántara, quedara unido eternamente. Co paso dos anos ese nome pasou a ser Alicante, nome co que coñecemos hoxe en día á cidade.